sábado, 24 de marzo de 2018

A MONONUCLEOSIS

A MONONUCLEOSIS

A mononucleosis é unha enfermidade infecciosa causada polo virus Epstein-Bar. Este virus contáxiase a través da saliva e por iso é coñecida como "a enfermidade do bico". Hai moitas persoas que teñen este virus activo sen que lles cause molestias, xa que o pasaron no seu momento. Pero sen ter síntomas da enfermidade podes transmitir o virus a outras persoas a través da túa saliva.
A mononucleosis tamén se pode producir polo aumento de células Mononucleais ou Monocitos. Esta enfermidade pódese confirmar cunha analítica de sangue, na que vemos o aumento chamativo do número de Monocitos en sangue.
A mononucleosis é unha infección que comeza na gorxa pero pode afectar ganglios, fígado...
A mononucleosis é a típica infección viral que pode xenerar placas. Por iso é frecuente que apareza como unha amigdalitis.
Algúns síntomas da mononucleosis son febres altas, dor de gorxa e ganglios linfáticos inflamados. Algunhas veces tamén se pode inflamar o bazo.





O periodo de incubación da mononucleosis é moi variable. Pode ir de 1-4 semanas. O máis frecuente é en torno aos 10 días.
Eu con 8 anos padecín a mononucleosis infecciosa.

PAULA 6A.

Ningún comentario:

Publicar un comentario