luns, 18 de decembro de 2017

CABALIÑO DE MAR

Sabíades qué é o macho do cabaliño de mar quen ten as crías???

Sabíades qué os cabaliños de mar non teñen estómago???



Sabíades qué os cabaliños de mar poden cambiar de cor???


Saberíades dicirme cantas veces axitan a aleta dorsal os cabaliños de mar???

                                                            MARA 6ºA
MOI BEN! 

luns, 11 de decembro de 2017

O LINCE IBERICO

O LINCE IBÉRICO

NOME CIENTÍFICO:
O nome científico do lince ibérico é Lynx Pardinus .
VÍAS DE ESTINCIÓN:
O lince ibérico está en grave perigo de estinción pola culpa dos seres humanos. Unha das razóns son os atropelos cando están en migración. Outra razón é a desaparición do seu alimento, o coello europeo, xa que este coello brindaba a maior alimentación ao lince, a súa case desparición está levando ao lince á estinción. Ademáis, a destrucción do seu hábitat fai desaparecer os refuxos dos linces, aparte de fogares, outra das razóns polas cales o lince corre moito risco. Coma última razón a caza indiscriminada do lince co fin de apropiarse da súa pel.


CLASIFICACIÓN:
O lince ibérico é unha especie de mamífero carnívoro da familia Felidae, endémico da Península Ibérica


MODO DE VIDA:
Na maioría dos casos o lince ibérico vive de maneira solitaria e nómada e é moi territorial, mostrándose máis sociable na época de celo. É un áxil cazador. Aproxímase sixilosamente á presa e salta sobre ela con rapidez. Outras veces espera oculto a que pase unha presa.


HÁBITAT:
O lince ibérico atópase exlusivamente en zonas restrinxidas de España e Portugal.
O hábitat principal constitúeno as áreas de bosque mediterráneo ben conservadas e ailladas da actividade humana.
O tamaño do terrritorio está consicionado pola abundancia de presas. Dentro deste territorio existen distintas zonas vitales como o monte baixo para o descanso e as zonas de campeo onde o lince estará activo e que coinciden coa máxima densidade de coellos.
Actualmente os núcleos mellor conservados limitan a Serra Morena Oriental, Montes de Toledo Orientales e Doñana.



Seguimos sen autores....
MOI BEN!!

domingo, 3 de decembro de 2017

O COELLO



O COELLO


O coello común o coello europeo é unha especie de mamífero lagomorfo da familia leporidae e é o único membro  actual do xénero Oryctolagus.


Reino:    Animalia
Clase:     Mammalia
Orden:   Lagomorpha
Familia:   Leporidae



Características: Caracterízase por ter un corpo cuberto dun pelaxe espeso e lanudo, de cor pardo pálido a gris, cabeza ovalada e ollos grandes. Pesa entre 1,5 e 2,5 kg en estado salvaxe. Ten orellas largas de ata 7 cm as cales lle axudan a regular a súa temperatura do corpo e unha cola moi curta. Mide de 33 cm ata 55 cm. Os machos teñen a cabeza máis ancha cas femias.

Alimentación: O coello pasa longas horas removendo as mandíbulas de dereita a esquerda. Un coello adulto consume de 200 a 500 gr de plantas ó día.

Distribución: Era abundante no Paleolítico, a xuzgar polos restos descubertos na Península Ibérica.

Hábitat: Viven en áreas secas próximas ó nivel do mar cun chan arenoso e blando para facilitar a construcción de madrigueiras. Habitan en bosques aunque prefiren campos extensos cubertos por matorrais onde poden esconderse.









LUCIA CASAL E RAÚL.



MOI BEN!