mércores, 8 de novembro de 2017

O CARACOL

O caracol é un molusco que ten concha espiral. Existen caracois de auga e de terra. O da terra vive nos bosques, cerca dos ríos. Móvese como os vermes. Aliméntanse de prantas. Cando se ve en perigo escóndese dentro da súa concha. Mide entre 15 e 30 cm, e pesa ata 600 gr. Cando o caracol crece, tamén o fai a súa concha. Os caracois son machos e femias ao mesmo tempo. Pon ata 100 ovos. Pode vivir ata os 7 anos.
Moitos agricultores, protestan de que lle comen as súas verduras.
É orixinario de Europa, pero vive en moitas zonas .En época de sequía métese dentro da cuncha e encérrase elaborando un tapón a base de moco seco, chamado "epifragma".
Tamén podemos dicir que é un produto de altísima calidade na cociña, á hora de comelo, e moi sano.     

Sabedes cantas especies de caracois existen?
DE: ANTÍA E IVÁN

Moi ben!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario