venres, 10 de novembro de 2017

Lobo Iberico

 Hoxe imos falar sobre o lobo ibérico que é o noso animal favorito e  é un gran cazador en manada.
O lobo ibérico é unha subespecie de lobo (Canis lupus) autóctona da Península Ibérica.
Aspecto
O seu tamaño é medio, algo máis pequeno que outros lobos europeos. De longo miden dende 130 ata 180 cm os machos, e dende 130 ata 160 cm as femias. A altura de cruz pode chegar aos 70 cm. Os machos adultos pesan xeralmente entre 30 e 40 kg, e as femias pesan de 20 a 35 kg.

Dieta

O lobo ibérico é un dos poucos grandes carnívoros que existen na Península Ibérica, e como depredador, aliméntase básicamente das presas que caza, grandes herbívoros e outros mamíferos de porte menor.O doutor Félix Rodríguez de la Fuente, realizou diferentes estudos para concretar a dieta do lobo ibérico, e segundo os resultados extraídos, esta podería estar composta por: grandes mamíferos (como corzos, muflóns, cervos...) nun 35%, ovellas nun 24%, coellos nun 14%, ratos de campo nun 9%, prea nun 7%, réptiles e aves nun 5%, insectos e vexetais nun 4%, e outros carnivoros (coma raposos ou cans) nun 2%.
(Galipedia).
 Antiguamente, na nosa zona era habitual atopar lobos polo monte, pero, hoxe en día xa non os vemos tanto debido á persecución e caza indiscriminada deste animal, na crenza de que atacaba ao ser humano.
Anxo e Izan
MOI BEN!

Ningún comentario:

Publicar un comentario