mércores, 11 de outubro de 2017

O LEOPARDO DAS NEVES

O leopardo das neves ou irbis (panthera uncia) é unha especie de mamífero carnívoro da familia felidae propia das montañas de Asia Central. Son solitarios, menos na época de celo. Tamén cazan sós e as súas presas predilectas son o íbice, o cervo almizclero ou as cabras salvaxes. É interesante destacar que esta é a única especie do seu xénero que non ruxe .
É un cazador exinio e brutal, ataca a presas  que poden chegar a triplicar o seu tamaño. En épocas de abundantes nevadas, o irbis, ataca aos rebaños; por iso é un animal moi temido polos pastores das zonas montañosas de Asia.
Viven en montañas remotas a alturas de ata 6000 metros, motivo polo cal é pouco o que se sabe deles. A súa pelaxe é gris, suave e densa, e ten unha cola tamén de lonxitude excepcional que enrola  ao redor do seu corpo para abrigarse. Son matados por granxeiros,  pero tamén pola súa pel. Descoñéncese a cantidade de exemplares  que quedan  en estado salvaxe, aínda que se estima que haberá 5000; polo tanto , trátase dunha especie en perigo de extinción.
ANDREA E VICTOR

Moi ben!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario