Fai pouco a NASA atopou un novo sistema solar con tres posibles planetas que conteñen auga e poden conter vida. A masa do seu Sol é menor que a do noso.
Un equipo internacional de astrónomos descubriu un novo sistema solar con sete planetas do tamaño da Terra. Está a cerca de 40 anos luz de nós, orbitando en torno dunha estrela pequena e fría, dun tipo de astro coñecido como "enana vermella". Na Vía Láctea, este tipo de astros son moito mais abundantes que as estrelas como o Sol.
A GRANDES RASGOS
A NASA atopou 1284 planetas grazas a unha mellora na lente do telescopio Kepler,o maior anuncio de exoplanetas nun día. Nove deses planetas poden conter auga e habitar nunha orbita con unha estrela que de a suficiente luz para que as persoas vivan.
Coa adición destes nove planetas, o número de candidatos para ser habitable descuberto grazas ao telescopio espacial Kepler, que operou ata 2013 é de 550. 21 dos 550 planetas poderían ser rochosos como a Terra, tendo en conta o seu tamaño.
Os datos recopilados polo telescopio Kepler permiten analizar 150.000 estrelas e detectar lixeiras variacións de brillo,o que indica o paso de planetas pola órbita do astro.
ANXO
HUGO
Texto, imaxe, ligazón en imaxe... MOI BEN!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario