xoves, 20 de abril de 2017

DINOSAURIOS

Os dinosaurios foron réptiles que existiron na Terra moito antes de que aparecese o ser humano. Dominaron a vida terrestre durante máis de 150 millóns de anos, antes da súa desaparición hai 65 millóns de anos. Viviron na era Mesozoica onde ocorreron dous acontecementos que acabaron coa existencia de moitos animais

https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&cad=rja&uact=8&ved=0ahUKEwiRlM7x6LDTAhXMwBQKHeubANYQyCkIJzAA&url=https%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3DygI6pldpreI&usg=AFQjCNHYJHWS4vV6Mgz6TWwV9ayrmYilmA&sig2=i2JnpOMcBpn6Rzr30jGzFQ

Existiron preto de 300 clases de dinosaurios en diferentes partes do mundo dende hai 230 millóns de anos. Hai dous tipos de dinosaurios: carnívoros e herbívoros. Os carnívoros eran feroces. Utilizaban os dentes afiados e as garras para cazar as presas. Os herbívoros eran máis grandes que os carnívoros. Porén, normalmente eran máis lentos , polo que os carnívoros podían cazalos.

DAVID 5ºA


MOI BEN!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario