mércores, 26 de abril de 2017

CANGREXOS

OS CANGREXOS
Son diversos crustáceos da orde dos decápodos. Esta orde caracterízase por ter cinco pares de patas.
Os cangrexos teñen en común o seu  caracter bentónico (viven vagando sobre o fondo). Só algunhas especies desenvolveron un ámbito nectónico (viven nadando entre dúas profundidades en vez de no fondo). Outro rasgo é que o primeiro par de patas locomotoras evolucionaron a un par de pinzas, que utilizan para capturar e manipular o alimento.
Existen máis de 4000 especies de animais que se poden chamar cangrexos.





ANTÍA 5ºA

MOI BEN!!!

xoves, 20 de abril de 2017

A GALIÑA

A  GALIÑA
https://www.youtube.com/watch?v=ljkImj_cPOo

Clica na imaxe para entrar nun vídeo

A galiña é un animal ovíparo, iso quere dicir que nacen de ovos. Elas poden ter distintas tonalidades segundo a raza de galiña.

Os ovos son un alimento de orixe animal, procedente das aves domésticas, e particularmente da galiña.


As galiñas son máis pequenas que os galos. Non adoitan medir máis de 40 cm de altura e apenas chegan a 2 kg de peso. Posúen unhas cores notablemente menos rechamantes que os galos.



MARA 5A


MOI BEN!!!

OS PLANETAS NOVOS

Fai pouco a NASA atopou un novo sistema solar con tres posibles planetas que conteñen auga e poden conter vida. A masa do seu Sol é menor que a do noso.
Un equipo internacional de astrónomos descubriu un novo sistema solar con sete planetas do tamaño da Terra. Está a cerca de 40 anos luz de nós, orbitando en torno dunha estrela pequena e fría, dun  tipo de astro coñecido como "enana vermella". Na Vía Láctea, este tipo de astros son moito  mais abundantes que as estrelas como o Sol.  
  
                                       A    GRANDES     RASGOS
   A   NASA  atopou 1284 planetas  grazas a unha mellora na lente do telescopio  Kepler,o maior anuncio de exoplanetas nun día. Nove deses planetas poden  conter auga e habitar nunha orbita con  unha estrela que de a suficiente luz para que as persoas vivan.
Resultado de imagen de planetas descubiertos por la nasa


 Coa adición destes nove planetas, o número de candidatos  para ser habitable descuberto grazas ao telescopio espacial Kepler, que operou ata 2013 é de 550. 21 dos 550 planetas  poderían ser  rochosos como a Terra, tendo en conta o seu tamaño.
 Os datos  recopilados polo telescopio Kepler  permiten analizar 150.000 estrelas e detectar lixeiras variacións de brillo,o que indica o paso de planetas pola órbita do astro.

ANXO
HUGO


Texto, imaxe, ligazón en imaxe... MOI BEN!!

FAUNIA

Que ou quen é faunia?
Faunia é un dos zoolóxicos máis grandes de España.
Onde se atopa?
Atópase na  zona de Vicálvaro en Madrid.
Datos interesantes sobre algúns animais
A abella da mel: os efectos da picadura de vespas  e abellas poden producir un choque anafiláctico que leva á morte. 
En Australia as abellas causan máis accidentes fatais que as serpes e as medusas xuntas.
A Ra dardo dourada:  un miligramo do seu veleno sería suficiente para matar a vinte persoas. Por sorte non poden inxectalo, porque se atopa baixo a súa pel. Os indixenas das zonas onde viven estas rás extraéno e fan dardos envelenados con el, que utilizan para cazar. A súa cor tan rechamante xa é unha advertencia.
Potencia do veleno: 9,5 sobre 10
Capacidade do veleno: 2 sobre 1
LOIS
 
Resultado de imagen de faunia 

Título, texto, imaxe, ligazón, ... MOI BEN!

OS TIBURÓNS

                                          OS TIBURÓNS

  • Os tiburóns, en concreto os brancos non poden vivir en espazos pechados ou en cautividade por certas circunstancias:
  • Porque necesitan moverse para respirar e ó ser trasladados en espazos pequenso poden morrer.
  • Porque os tiburóns teñen que comer peixes vivos e non e algo moi agradable para os visitantes do acuario.
  • Pincha na imaxe para máis.

https://es.wikipedia.org/wiki/Carcharodon_carcharias

  Izan 5ºA


MOI BEN!!

DINOSAURIOS

Os dinosaurios foron réptiles que existiron na Terra moito antes de que aparecese o ser humano. Dominaron a vida terrestre durante máis de 150 millóns de anos, antes da súa desaparición hai 65 millóns de anos. Viviron na era Mesozoica onde ocorreron dous acontecementos que acabaron coa existencia de moitos animais

https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&cad=rja&uact=8&ved=0ahUKEwiRlM7x6LDTAhXMwBQKHeubANYQyCkIJzAA&url=https%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3DygI6pldpreI&usg=AFQjCNHYJHWS4vV6Mgz6TWwV9ayrmYilmA&sig2=i2JnpOMcBpn6Rzr30jGzFQ

Existiron preto de 300 clases de dinosaurios en diferentes partes do mundo dende hai 230 millóns de anos. Hai dous tipos de dinosaurios: carnívoros e herbívoros. Os carnívoros eran feroces. Utilizaban os dentes afiados e as garras para cazar as presas. Os herbívoros eran máis grandes que os carnívoros. Porén, normalmente eran máis lentos , polo que os carnívoros podían cazalos.

DAVID 5ºA


MOI BEN!!

ASTRONOMIA

                             aurora boreal

(Para saber máis sobre as Auroras Boreais clicade na imaxe)

https://www.youtube.com/watch?v=M6JngxwhOrM      



Ola somos Lucía c.c. e  Lucas 


  • Hoxe ímosvos contar un pouquiño máis sobre as auroras boreais  
   
  1. Fenómeno atmosférico que consiste na aparición no ceo de manchas e columnas luminosas de varias tonalidades e que son producidas pola radiación solar; pódense observar de noite nas rexións polares.

    "Observáronse auroras nas atmosferas de outros planetas, en particular en Xúpiter"


MOI BEN!!!

TELESCOPIO HUBBLE

TELESCOPIO HUBBLE
Mirade estas imaxes que captou o telescopio HUBBLE .

(Aquí aparece o telescopio a punto de captar unha imaxe dunha NEBULOSA)
 clica na imaxe para entrar na wikipedia


SABEREDES DICIRNOS  O QUE É UNHA NEBULOSA?
Unha nebulosa é unha masa de materia cósmica celeste ,difusa e luminosa,que tiene aspecto de nube.

CLICA NA IMAXE PARA VER UN VÍDEO

QUE É UNHA CONSTELACIÓN?
Unha costelación é un conxunto de estrelas agrupadas nunha rexión celeste.
O telescopio hubble xa ten 27 anos!!!

MOI BEN!!!

O DRAGÓN DE KOMODO

O DRAGÓN DE KOMODO

O dragón de komodo, tamén chamado mounstro de komodo e varano de komodo, é unha especie de saurópsido da familia dos varanidos, procedente  dalgunhas illas de indonesia central. Seu nome cientifíco é VARANUS KOMODOENIS. A lonxitude dun macho é de 2,6 metros , adulto,e a lonxitude dunha femia e de 2,3 metros , adulta. O dragón de komodo pesa arredor de 70 kg, esta especie só come unha vez ao mes.

  

A pesar de que estos lagartos  aliméntanse principalmente de carroña, tamén cazan e tenden emboscadas ás súas presas, inclúen mamíferos, aves e invertebrados. Ata agora pensábase ca mordedura do dragón de komodo era infecciosa debido a unhas bacterias contidas na súa boca, pero un equipo descartou esa hipótese tras descubir glándulas de veleno no cráneo do animal que provocan unha severa paralise a quenes reciben unha mordedura do animal.




 ESPERO QUE VOS GUSTARA!!


Carla Carballido López 5ºA

MOI BEN!!

FOSILES

https://www.youtube.com/watch?v=hq8YJFDQo0M
O outro dia o profe Guillermo invitounos a unha exposicion de fosiles no salon de actos no noso colexio.Os fosiles que nos trouxo foron da Comunidade Autónoma na que naceu (A Rioxa). Por exemplo: amonites,trilobites,troncos de coral....Os ammonoideos conocidos comunmente como amonites viviron desde o Devonico Medio ata o Cretacico.
Lucía e Antón - 5ºA


MOI BEN!!!